O equipo de XPAZO está formado por oito persoas de diferentes eidos profesionais proporcionando unha pluridisciplinariedade á maneira de entender as relacións, tanto profesionais como persoais.

 

Sen dubida, un dos factores máis importantes deste proxecto son as ganas de conformar un grupo de traballo baseado no ben común e na cooperación como ferramenta de desenrolo profesional. O noso equipo, parte esencial de XPAZO, tenta, día a día, traballar baixo esas pequenas categorías como modo de colaboración e relación dentro dun proxecto que bebe diretamente da cooperación social, cultural e económica.

 

Tamén coworkeiros na súa maioría, dan un pasiño máis coa intención de facer de XPAZO un lugar de verdadeiras inquedanzas sociais e culturais, creando un breve soño en pos da mellora da sustentabilidade vital de cada un de nós buscando regueiros claros de auga ben traida, mediante proxecto propios, ou de terceiros, para o sector publico ou privado, pero sempre cunha marcada ética profesional.

 

A presentación, a estética e a cretividade, xunto con todo o anterior, son piares fundacionais do equipo de XPAZO, cunha gran vertente artística e creativa que se ve plasmado no recorrer do traballo e os proxectos que se desenrolan como grupo.

 

As perosas deste equipo do que falamos son: Raul Mera, Ana Parada, Sandra Fernandez, Xosé Calleja, Monica Seguín, Teresa Seguín, Carlos Enriquez e Iván Prado.

 

 

Aínda estamos en construcción. En pouco tempo teremos máis información neste apartado. Un saudiño.

Como ben se dixo en moitos lugares desta páxina, a cultura e un dos piares de XPAZO.

 

Unha gran parte da cultura de cada pobo redunda na creación artística, tanto plástica como volumetrica. Por ise motivo XPAZO creou un taller encabezado as industrias creativas fundamentalmente. Este espazo, está completamente equipado co necesario para que unha persoa ou un grupo de traballo poida desenrolar as súas ansias creativas con total liberdade.

 

XPAZO conta cun espazo de creación onde sacarlle partido a imaxinación dos seus usuarios. Dende técnicas de ilustración tradicional, pasando por escultura ou mesmo fotografía analóxica, XPAZO permite facer do noso traller un lugar de creatividade pluridisciplinar e libre.

 

O Taller de XPAZO, empregado maiormente polo grupo creativo do espazo, tamén pode ser alugado como o resto de XPAZO.

 

Ademais será empregado para impartir cursiños de formación artística, como fotografía, técincas dixitais de creación plastica e volumetrica, edición audiovisual, etc.

 

 

Se estás interesado no taller ou nas actividades que ofertamos nel non dubides en seguir a nosa axenda ou porte en contcto connos!

 

 

Dirección:

 

Rúa Curros Enríquez, 26

32630 Xinzo de Limia

Ourense (Spain)

 

Tfno:

 

988688922

 

E-mail:

 

xpazoco@gmail.com

 

 

Aviso Legal

Politica de privacidade de Xpazo-Co S.L.